RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ




Polo seu activismo cultural e a súa loita pola cultura e o idioma galego, a Real Academia adícalle o Día das Letras Galegas do ano 2009 a Ramón Piñeiro López, intelectual e político que desenvolveu a súa actividade en Galicia, sendo ademais unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX.
Naceu en Armeá-Láncara (Lugo) o 31 de xullo de 1915 e faleceu en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990.
Estudou Filosofía e Letras en Santiago e Madrid.
Membro do Partido Galeguista, foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, nacida coa misión de darlle á literatura galega un novo pulo, e que estivo dirixida por el así como tamén a revista Grial, En 1967, Ramón Piñeiro saíu elixido membro numerario da Real Academia Galega e defendeu un discurso que levou por título 'A linguaxe e as linguas'. De acordo coa súa defensa da cultura galega participou e foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega en 1983 e importante promotor da normalización do galego. Formou parte do primeiro Parlamento Autonómico. En 1985 recibiu a Medalla Castelao.
A súa obra non é moi abundante, xirando frecuentemente arredor do pensamento e a filosofía, e destacando principalmente a saudade, sendo un importante autor de ensaios como “Significado metafísico da saudade”, “A saudade de Rosalía”, ou “Filosofía da saudade”. Tamén a súa labor como ensaísta aparece parcialmente en libros como “Olladas no futuro”, “Galicia”, “A Linguaxe e as linguas” ou “Lembrando a Castelao”.
Autor de traballos relacionados coa normalización da lingua galega, tamén foi un dos primeiros en traducir obras de outros idiomas ao galego.

Comentarios