Érase un día, una poesía.

O pasado día 4 de novembro, os alumnos de 6º curso prepararon un recital de poesía no que deron lectura a poemas creados por eles. Invitaron aos seus pais e nais, pero non só como espectadores, senón a participar tamén lendo unha poesía que escolleran para a ocasión. Ó inicio do acto, recibiron unha sorpresa por parte dos alumnos de 4 anos que recitaron unha poesía que lles gusta moito. Foi un momento cargado de sensibilidade e emoción, onde houbo cabida para a multiculturalidade, pois se recitaron poemas en castelán, galego, portugués, grego e árabe. En fin, unha iniciativa que foi do agrado de alumnos, profesores e pais, da que vos deixamos unha mostra a través destas fotos.

Comentarios