ABRIL...contos mil!

Agora que pasou a chuvia.... chegaron os contos á Biblioteca da Maga Tomasa.
Durante o mes da lectura fixemos no cole a II Campaña "A lectura alimenta" na que, pola maxia dos contos, convertemos os libros do noso expurgo en comida para o Banco de Alimentos.




E na SEMANA GRANDE (do 22 ao 26 de Abril) a hora do patio converteuse en hora de conto na que, alumnas voluntarias de 4º, 5º e 6º de primaria contaron: Coas mans baleiras , Es un libro! , Mira qué paso , entre outros,



facendo as delicias dun entregado público.

E o luns 29 puxemos o cole guapo para recibir a Jacobo Fernández Serrano, escritor e ilustrador de "Mil cousas poden pasar", "Marcopola" e "A pedra e as formigas" .... e moitos máis. Foi moi paciente cos nenos e nenas que encheron de interesantes preguntas a súa visita.










Un ano máis, Jacobo agasallounos con ilustracións que encherán a biblioteca e os corredores do cole.
Grazas, Jacobo, e agardamos con ansia o II volume das historias de Marcopola.

Comentarios