PREPARANDO UN AUDIOVISUAL SOBRE AS CANTIGAS DE AMIGO

Coa intervención de todo o cole.
As familias e o alumnado están a participar na creación dun vídeo sobre as Cantigas de amigo de Martín Códax. Dende as imaxes e debuxos aportados (que teñen servido para montar unha exposición) ata o recitado das cantigas ou a creación da animación, todo o centro ten participado dun ou doutro xeito nesta obra colectiva.
A seguinte fotografía corresponde á exposición que temos montado (coa axuda das alumnas bibliotecarias) diante da Secretaría. Premendo na imaxe poderedes acceder á galería coas creacións das familias.
Por outra banda, neste vídeo recollemos un fermosísimo recitado de Adan, alumno de 6º curso de Primaria.
Comentarios