NA FESTA DA SEMENTEIRA


Coa familia Beiro. 

Diego, Miguel e os seus pais están sempre dispostos a colaborar coas actividades da escola. Por iso non quixeron perder a oportunidade de enviarnos fotos da Festa da Sementeira, que se celebrou a fin de semana pasada en Matamá. Unha iniciativa fermosísima de recuperación da nosa tradición que ten moito que ver co PDI deste curso. Auténtica poética!




Grazas, familia, por facernos partícipes!


Comentarios