NA PRAIA DE SAMIL
Para despedir o curso dun xeito ecolóxico.
Rematando o curso, o alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria acudiu cos seus mestres á praia de Samil. Unha saída polo barrio, camiñando e gozando do noso areal, compartindo experiencias e xogos cos nosos compañeiros.
Xulgade vós mesmos o ben que o pasamos, premendo na seguinte imaxe.
Pero non todo foi xogar. Tamén puxemos en práctica, de xeito espontáneo, todo o que aprendimos no noso PDI Pinga a pinga, pensa en verde. Botamos ó lixo os restos plásticos que atopamos, e non deixamos ningún residuo.
Un fermoso fin de festa para o noso proxecto!
Comentarios