PRIMEIRA XUNTANZA DO ALUMNADO BIBLIOTECARIO


Misión: Presentar as Mochilas.

O venres 11 de outubro case dúas ducias de rapaces e rapazas de 5º e 6º curso de Primaria acudiron ó chamamento da profe Pilar para ser alumnos e alumnas bibliotecarios.

A xuntanza tivo lugar na hora do recreo, na aula de 2º de Primaria. Tras explicar cal era a súa primeira misión (presentar as Mochilas Viaxeiras nas distintas aulas), organizamos os grupos de traballo e asignamos os lotes.

Ás veces custa deixar o balón cando nos toca pista... pero, nesta ocasión, aceptaron que a misión era importante... e urxente!

Premede na seguinte imaxe para acceder ó álbum de fotos:


Bravo, rapaces!

Comentarios