COMEZOU O EMPRÉSTITO BIBLIOTECARIO
A Maga Tomasa achégase ás aulas.
Como todos os anos, o Día das Bibliotecas Escolares supón o comezo do empréstito bibliotecario. Este curso, para extremar as medidas sanitarias, a Maga Tomasa estase a facer máis presente nas aulas, cunha selección de lecturas variadas seleccionadas entre o profesorado e o Equipo de Biblioteca.
Así, todas as aulas de Primaria gozan dun kit composto por:
- dúas caixas con 25 documentos cada unha;
- unha caixa para pór os libros en corentena, unha vez rematados de ler.
A evolución da pandemia irá permitindo (ou non) introducir modificacións no sistema.
Comentarios