E, A PESAR DO PECHE PERIMETRAL...


... chegou Papá Noël!

Pois si. A pesar das distancias sociais e das máscaras, Papá Noël segue a ser máxico. Colouse nas nosas aulas a través da Internet, e dirixiu unha mensaxe á rapazada. 

E non só iso: algún elfo, ou talvez Rudolph, conseguiu esquivar o peche perimetral, porque cada aula recibiu o seu agasallo: como non! Un libro!

Aquí vos deixamos este álbum cunhas imaxes moi ilustrativas e divertidas. 


Bo Nadal!



 

Comentarios