REMATANDO AS NOSAS TAREFAS DE PROGRAMACIÓN


Coas placas Makey Makey. 

Hai uns meses estivo connosco Paola Guimeráns. Aprendéranos a empregar a placa Makey Makey, pero a tarefa quedara a medias. 

Recentemente, o alumnado de 6º de Primaria estivo a traballar de novo con estes materiais, e, por fin, puido rematar a súa actividade. 

Todos temos a experiencia de que non sabemos moi ben en que contedor botar determinados obxectos,  como servilletas usadas, bombillas ou restos de louza. Non sería marabilloso que, antes de introducir nada neles, unha voz nos indicase o que podemos ou non botar?

Este era, pois, o noso obxectivo: crear contedores intelixentes. 

Para iso tivemos que documentarnos, empregando un genial.ly que creou a profe Iria para o proxecto. 

Cada grupo recibiu un folio con tres contedores distintos. Na documentación anterior, debía atopar a información pertinente e elaborar un pequeno guión. 


Tras isto, só quedaba programar a placa. 

E aquí está o vídeo cos resultados. 


Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos da actividade. 



Comentarios