QUE BONITOS QUEDAN OS NOSOS BANCOS DA AMIZADE!

 

A Comunidade Educativa ultima os Bancos da Amizade. 

Hai meses convocamos un concurso para decorar os nosos bancos reciclados da amizade. Rematado o curso, e a pesar da calor, varias familias reuníronse á sombra da escola para plasmar sobre os bancos as propostas da cativada. 

Que fermosa iniciativa, e que bonitos están a quedar!


Se premedes na imaxe anterior accederedes ó álbum completo de fotos. 

Grazas, familias! Isto é facer Comunidade!

Comentarios