CELEBRAMOS O SAMAÍN

Todo o cole celebra esta festa tan nosa!

Este curso, o Samaín coincide en día non lectivo. Por ese motivo, a nosa celebración escolar trasladouse ó venres día 28. 

Xa levabamos varios días preparando o evento: a cativada de Educación Infantil decorou o mural conmemorativo, a instancias do Equipo Dinamizando e Normalizando a Convivencia. E a rapazada comezou a traer as súas fermosísimas cabazas, auténticas obras de arte. 

(Premede na seguinte imaxe para acceder ó álbum de fotos)


Todo o mundo chegou á cita co seu disfrace. Tamén os profes. E na merenda comemos terroríficos doces. 

(Premede na seguinte imaxe para ver otros momentos da xornada). 



Feliz Samaín! Feliz comezo do ano celta!






Comentarios