HORA DO CONTO...

...en 4 anos A. 

Que visitas tan agarimosas recibiron os cativiños e cativiñas de 4 anos A durante este mes! Estiveron con eles as familias de Breixo, Alejandro, Adriana, Breogán, Mateo e Yoel. E viñeron cargados dos contos que máis lles gustan: Os tres porquiños, Hilderita e Maximiliano, Carabuñas, O tesouro do Pirata Frank, El pollo Pepe y los números, La ovejita que vino a cenar

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos. 


Grazas, familias, polo voso tempo, polos vosos contos e, sobre todo, polo voso agarimo!




Comentarios