UN ESPECIAL DE MULLERES EXTRAORDINARIAS

 

Xogando a ser periodistas. 

Coincidindo coa celebración do Día da Muller e a Semana da Prensa, o alumnado de 5º de Primaria elaborou un periódico dixital contando a historia de dez españolas extraordinarias: Clara Campoamor, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, Isabel Barreto, Isabel Zendal, Marcela e Elisa, María Pita, María Soliña e Maruxa Mallo. 

Para facelo, a rapazada distribuise por parellas, e a cada parella se lle asignou unha figura feminina. 

O traballo consistiu en buscar información na Rede que lles permitise contestar as seguintes preguntas: 

      • Quen foi?
      • Que fixo?
      • Por que é importante?
Unha vez recompilada a información, cada parella recibiu un modelo de artigo periodístico que debían completar. 

Tras a oportuna revisión ortográfica, os artigos xuntáronse nun documento único que podedes consultar neste enlace


Comentarios