PERE TOBARUELA

O xoves 27, a nosa biblioteca acolleu un encontro moi especial do club de lectura, no que participaron os centros Castelao e Seis do Nadal. Nesta ocasión, reunímonos para compartir impresións e conversar sobre o libro Formigas: Misión Entroido, de Pere Tobaruela, unha historia chea de aventuras, humor e espírito festivo da festa do Entroido. 

Nesta ocasión intercambiaron as súas opinións sobre a obra, tiveron a oportunidade de facer preguntas e debatir sobre os personaxes, as súas peripecias e a importancia da amizade e o traballo en equipo que transmite o libro. 

Participamos no xogo do PASAPALABRA superando con éxito todo o rosco. 

Desde a biblioteca queremos agradecer a todos os participantes por facer deste encontro unha experiencia tan enriquecedora. Agardamos con ilusión a próxima reunión do club de lectura.



Comentarios