O MAGOSTÍN NO CASTELAO
Este curso, na nosa biblioteca celebramos o Samaín por todo o alto. Preparamos unha exposición de libros de medo e misterio, con recomendacións para todas as idades.
A colaboración coa ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) trouxo un toque moi especial: grazas ao Equipo de Normalización Lingüística, o alumnado da ESAD organizou uns contacontos polo Samaín cheos de humor e suspense. Pequenos e maiores gozaron coas súas interpretacións.
Pero a cousa non quedou aí: tamén celebramos a nosa xa tradicional “Hora de ler á escuras”, na que o alumnado leu fragmentos de contos de medo só coa luz das lanternas... a experiencia foi arrepiante e divertida a partes iguais!
E para rematar a festa, unha merenda de castañas polo magosto.



Comentarios