DÍA DO LIBRO

Con motivo do Día do Libro, o equipo de normalización lingüística e a biblioteca do centro propuxeron diferentes actividades para fomentar o gusto pola lectura e o uso da lingua galega entre toda a comunidade educativa.

- CAIXAS MÁXICAS: os nenos e nenas trouxeron das súas casas unhas “caixas máxicas” que agochaban no seu interior o seu libro preferido. Cada caixa estaba decorada con moito coidado, empregando elementos e motivos relacionados coa historia do libro.

O reto consistía en observar, imaxinar e tratar de descubrir que “tesouro” literario se agochaba dentro de cada caixa. Foi unha actividade moi enriquecedora, que espertou a curiosidade, a creatividade e o gusto pola lectura entre todo o alumnado.


- FLORES E MARCAPÁXINAS:

Ademais, nas aulas tamén se prepararon rosas e marcapáxinas con motivo do Día do Libro, elaborados con moita creatividade polo alumnado.


-APADRIÑAMENTOS:
Para rematar todo o alumnado participou nun momento de lectura compartida na que os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6 º apadriñou ao alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria para lerlles un conto e gozar da lectua. 


- POESÍA POLO DÍA DO LIBRO: 
Os nenos e nenas de 4 anos agasalláronnos cunha fermosa poesía para celebrar este día.











Comentarios