SÚMATE AO BO TRATO

O Equipo de Convivencia e Benestar continúa coa iniciativa «Súmate ao bo trato», unha proposta pensada para incorporar, pouco a pouco, pequenas prácticas que contribúan a mellorar a convivencia e o benestar no noso centro.
Cada mes poñemos o foco nunha boa práctica concreta, coa intención de ir sumando hábitos positivos que poidamos aplicar nos distintos espazos do cole e tamén na nosa vida cotiá.
Durante o mes de outubro lembramos a importancia das fórmulas de cortesía: dar os bos días, pedir as cousas por favor, dar as grazas, pedir axuda ou ofrecela cando alguén a necesita.
Nas semanas seguintes, o novo reto estivo centrado no coidado dos espazos que compartimos: aulas, corredores, patio, biblioteca, baños e demais zonas comúns.
Porque coidar os espazos tamén é unha forma de coidar ás persoas que os utilizan.
E para axudarnos a interiorizar esta idea, quedámonos cunha pregunta moi sinxela:
«Déixoo como me gustaría atopalo?»
A través destes podcasts queremos facer chegar estas mensaxes a toda a comunidade educativa e convidar alumnado, profesorado e familias a participar nesta iniciativa.

Compartimos aquí os audios de «Súmate ao bo trato» e do reto «Coidamos os espazos», para poder escoitalos e seguir poñendo en práctica estas pequenas accións no día a día.

«O cole é de todos, se limpo o queres atopar, recollido o debes deixar.»

Comentarios