Conto viaxeiro da Maga Tomasa 2ª parte

- Entón "Brujita" dixo:
- - Vou facer un disfraz de monstruo.
- E pronunciou as palabras máxicas
- -"Abra-cadabra, pata de cabra, que apareza un disfraz de monstruo"
- E por arte de maxia encontrouse metida nel. Rápidamente foi a mirarse no espello, non se recoñecía. ¡Xa non era Brujita, era un gran monstruo cheo de pelos de colores, sen dentes e con mocos colgándolle da nariz!! ¡¡Xa podo ir á festa!! (exclamou) e adentrouse no bosque.

¡Pero debo ter coidad de non mirarme nun.....espello! (Ramón)
- De pronto, un relámpago iluminou o bosque e nunha gran charca de auga puiden ver o meu reflexo. ¡Levaba un disfraz de monstruo e reflexábame como unha fermosa moza e pensei:
¡¡¡¡É a maxia da Maga Tomasa!!!!!
Pero ao día seguinte espertou e volveuse a ver na charca e seguía sendo un monstruo, o feitizo da Maga Tomasa desaparecera.
Brujita se divertira moito na festa, pero agora quería volver para ser unha meiga, e non un monstro.
-Éste é un castigo por mentirlle aos monstros do bosque- pensou.
Entón deciciu montar na súa basoira e viaxar a Vigo para ver á súa irmá, A Maga Tomasa, e pedirlle axuda.
No traxecto viu moitas gaivotas, coches, semáforos e xente, e finalmente chegou á casa da Maga Tomasa. Na casa da Maga Tomasa encontrou a un monstruo que lle dixo:
- A maga Tomasa non se encontra neste momento".
Brujita púxose triste, pero non se rendeu e seguiuna buscando. Buscándoa por Samil, atopouse co mago Merlín, un feiticeiro de malas pulgas, que lle dixo onde estaba a Maga Tomasa.
- "A túa irmá Tomasa está a pasar uns días de lecer nas illas Cíes coa "Asociación de Magos e Bruxas das Rías Baixas"
- E non foron quen de me convidar ¡Isto non o vou a perdoar! - dixo Merlín moi enfadado.
Entón, Brujita, que aínda tiña o aspecto de monstruo pensou..... - Teño que ir ás Illas Cíes, xunto da miña irmá ¿E cómo podo ir?. Xa sei, irei, irei, na miña basoira.
E brujita foi dereitiña ás Illas Cíes. Tivo sorte, ese día facía bo tempo. Cando chegou ás Illas Cíes, comenzou a buscar á súa irmá e de súpeto....
Encontrou á súa irmá debaixo dunha gran carpa cos magos do país. Estaban falando dos conxuros novos que o Concello de Vigo había proposto. Entón Bruxita acercouse e chamou Tomasa. Tomasa foi a vela e díxolle que tiña que ir ao sur do país para coller unha poción que a transformara outra vez en bruxa.
Comentarios