Conto viaxeiro da Maga Tomasa 3ª parte


....As uñas empezaron a crecerlle e puxéronselle moi longas, e moitos pelos saíronlle polo corpo, e os dentes alargáronselle e retorcéronselle ata as orellas.
-¿Qué me está a pasar?- dixo Bruxita- Isto non é o que me dixo a miña irmá. Algo debín facer mal.
Entón mirou o frasco da pócima, que tiña unha etiqueta pegada e que dicía.......
"Pocimamala". Estaba moi asustada ao verse tan fea. Empezou a correr ata que non puido máis, e quedouse dormida. Pola mañá a brujita pensou que debía volver a cova e buscar a botella da "Pócima boa", aínda que non lle facía gracia volver, debía facelo. Comezou a andar e cando chegou á cova, buscou a botella, condo por fin a atopou, colleuna e leu a etiqueta, esta vez non se podía enganar, "Pócima boa", comezou a bebela, esperou un rato e... (Marta) De súpeto empezáronlle a saír coma unha especie de gas pola boca, ourellas, nariz e tivo a impresión que se despegaba do chan, como así era. Inmediatamente o seu corpo ascendeu a unha velocidade, cal se fora un cohete, ata chegar ás estrelas. Bruxita non daba crédito do que lle acontecera.
- ¡Oh! ¡Que fermosura! ¡Que ven se mira todo dende aquí arriba! (Roi)
- ¡Que lugar tan fermoso!- dixo Bruxita - agora teño que buscar un espello onde poida mirarme...
Comentarios