IMOS Ó TEATRO!


A gozar coa galiña azul. 

O pasado día 6 de febreiro os cativos e cativas de 4 anos viviron un día moi especial: marcharon en autobús ó Auditorio do Concello para participar nun espectáculo singular: A galiña azul, interpretada polo marabilloso grupo Tanxarina. 

Nestas fotos podedes ver ós da clase de 4 anos B, esperando subir ó autobús e agardando o comezo do espectáculo. Mirade que contentos están!












De volta, na aula seguimos a traballar sobre o tema. Mirade que fermosos murais locen no corridor de Infantil!





Comentarios