VISITA Á BIBLIOTECA


4º de Primaria na Juan Compañel

O xoves día 21, os rapaces de 4º de Primaria acudiron, coa súa titora e a profe Patricia, á Biblioteca Pública Juan Compañel. Alí, Lidia, unha das bibliotecarias, acompañounos polas distintas instalacións, ata chegar á Sala de Lectura Infantil.






Mentres un grupo aproveitaba para curiosear entre os libros, outro participaba nunha actividade de busca.






Seica na Biblioteca quedaron abraiados do ben que se comportaron e do moito que sabían de buscar entre os libros.

Parabéns, chicos!

Comentarios