COMEZOU O EMPRÉSTITO!


Que ganas tiñamos!

Con bastante retraso, e coa Biblioteca todavía en obras, a semana pasada comezamos o empréstito en Educación Primaria. Xa tiñamos ganas de levar os libros á casa! Pero os arranxos foron demorando a apertura.

Esta situación de provisionalidade tamén afectou á Maga Tomasa, que se despistou por completo e esqueceu inmortalizar este primeiro encontro. Así que só poderedes ver nas fotos ós de 2º de Primaria en pleno empréstito. Aínda que a Maga da fe de que todo o alumnado de Primaria pasou pola Biblioteca.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver máis fotos.


Comentarios