ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Lendo e investigando.

Como ven sendo tradicional na nosa escola, o Día das Bibliotecas Escolares celebrámolo entregando as Mochilas Viaxeiras, tarefa encomendada ó alumnado bibliotecario, que viviu a preparación e a presentación con moita responsabilidade e entusiasmo. Premendo na seguinte imaxe accederedes ó post no que damos conta da celebración.


Tamén é tradicional nesta data presentar o PDI de cada curso. Este ano, por mor das obras na Biblioteca, tivemos que adialo ata a derradeira semana de outubro. Premendo na seguinte imaxe poderedes coñecer todo o que fixemos para adiviñar o título do noso PDI deste curso: Primus circumdedisti me, co que conmemoramos o V Centenario da Primeira Volta ó Mundo.




Comentarios