CREAMOS...
... e colaboramos.
Pouco a pouco, a nosa biblioteca vai tomando nova forma. E como a idea é que sexa de todos, propomos actividades que contribúan a sentirnos parte dese espazo.
Unha delas foi pedir ó alumnado de 1º e 2º que elaborasen salvamanteis. A primeira tarefa da nosa Biblioteca Creativa!
A única condición: incluír o logo da Biblioteca Creativa e a imaxe da Maga Tomasa. Como veredes, os resultados foron moi variados e coloridos. E reflectiron o amor e o interese que os cativos senten por este espazo. Proba diso foi o comentario de Noé cando nos atopou polo andadeiro: Que tal vai a Biblioteca?
Pois, entre todos... irá!
Se premedes na seguinte imaxe accederedes á colección de salvamanteis elaborados polo alumnado de 1º de Primaria.
Premendo nestoutra accederedes ós de 2º de Primaria.
Comentarios