APRENDEMOS A ACCEDER Á AULA VIRTUAL

 

Nos cursos de 1º e 2º de Primaria.

Durante esta semana, a rapazada de 1º e 2º de Primaria tivo o seu primeiro contacto coa aula virtual: 

  • aprenderon a buscar o acceso á Aula Virtual a través da Internet e da páxina web da escola; 
  • coñeceron o seu usuario e crearon o seu contrasinal; 
  • cambiaron a imaxe do seu perfil, e, para iso, fixéronse fotos uns ós outros. 
Deste xeito, aprenderon tamén a adxuntar un documento. 

E aínda que, para nós, poida parecer un aburrimento... eles quedaron encantados, e están desexando volver. 

Aquí vos deixamos fotos do traballado. 




Comentarios