MIRIAM E JESÚS SON OS NOSOS OLLOS...

 



... e apréndennos a ver o que non se ve do COVID.

Na nosa escola temos a gran sorte de ter uns papás que investigan e saben moitísimo do COVID. E ademais de saber, son quen de facer divulgación dun xeito tan clariño e adaptado a nós coma este vídeo que nos adicaron. 

Ademais de aprender con eles, queremos tamén animarvos a todas as familias a colaborar connosco neste curso tan especial para, de xeito virtual, descubrirnos unha morea de cousas que non vemos... pero que sabemos que están!

E feita esta invitación, convidámosvos a visualizar este magnífico vídeo e a poñer en práctica todo o que nel se nos propón. 


Grazas enormes, Miriam e Jesús!

Comentarios