É SAMAÍN!
Gozamos e aprendemos.
Despois dun ano de pandemia, este curso, timidamente, puidemos celebrar a nosa primeira festa escolar: o Samaín. Unha festa na que, dun ou doutro xeito, participou toda a Comunidade Educativa.
Un par de días antes da celebración, os papás e mamás da ANPA decoraron o patio e os corredores da escola.
Non faltaron nin os disfraces nin as merendas terroríficas, mentres agardábamos as castañas que, con moito agarimo, preparaban algúns papás e mamás voluntarios.
Pero non vaiades crer que todo foi festa. Tamén aproveitamos para aprender moitas cousas: vocabulario, cancións, murais, informática...
Aquí tedes o mural elaborado polo alumnado de 4 anos que decorou o vestíbulo da escola:
E aquí, os carteis dixitais do alumnado de 6º de Primaria, coordinado polas mestras da Sección Bilingüe de Plástica e de TICs.
Os máis cativos aprendemos a canción da Castaña Toniña:
E os de 4º de Primaria aproveitaron as cabazas para aprender a fotografar empregando distintos planos.
Canto pode dar de si unha festa!
Premendo na seguinte foto poderedes acceder a outras imaxes da xornada.
Por certo! Alguén perdeu un simio?
Comentarios