PERO... QUE É ISTO..?

 

Admítense hipóteses!

Coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares, no encerado das aulas apareceu un cartel con este signo. Ningunha información ó respecto. Pero os ollos inquedos da cativada axiña o descubriron: que é isto...?


Grandes e cativos comezaron a dar respostas, algunhas que se achegaban moito á realidade: 

  • é un oito tumbado;
  • é o símbolo do infinito;
  • é un número;
  • é un mapa do tesouro;
  • é un circuito;
  • é unha aventura; 
  • é unha carreira de cars;
  • é un labirinto;
  • sinala á papeleira;
  • significa "volver a comezar"
  • ...
Os peques de Infantil enviáronnos vídeos coas súas suxestións: 


E os de 5 anos B mandáronnos este audio cos seus razoamentos: 




Isto promete!




Comentarios