ALLOS!

A primeira sementeira da nosa horta. 

Xa rematando o primeiro trimestre os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria fixeron a primeira plantación da nosa horta: allos

Primeiro atenderon a explicación do profe Roi (que é o noso granxeiro oficial) diante da composteira. E logo, no cumio dos sucos (porque non queren moita auga) sementaron as cabezas de allo. 

Premede na seguinte imaxe para ver máis fotografías. 


Estamos desexando que chegue xaneiro para ver como medraron!

Comentarios