FELICITAMOS O NADAL...!

Cantando!

Este curso as R teñen moita importancia. Estámoslle dando ó RqueR. Por iso, na nosa felicitación navideña tamén reciclamos e reutilizamos. 

Aquí tedes ós cativos e cativas de 1º B, que aprenderon esta panxoliña na clase de Música. 

Tan ben cantan que decidimos que as súas voces fosen as encargadas de felicitar o Nadal á Comunidade Educativa. E que mellor lugar que a Biblioteca para gravalos?

Tamén este vídeo serviu para compartir os nosos bos desexos cos amigos e amigas de Alento. Este curso, por mor da COVID, non puidemos acudir presencialmente, coma outros anos. Pero as novas tecnoloxías serviron para solucionar este tema. 

Bo Nadal!

Comentarios