UN BEBÉ Ó QUE COIDAR

 

Medrará e chegará a dar unha sombra mesta?

A última fin de semana que os nosos papás e mamás estiveron a mover o invernadoiro e a montar o composteiro tamén tiveron tempo de enraizar este bebé de aguacate

Ata agora é todo un milagre do RqueR: naceu dunha pebida sementada nunha lata. Terá atopado o seu lugar definitivo? Medrará? Chegará a producir unha sombra espesa na que se acubillar nos días de calor?

Xa o tempo dirá. Polo pronto, aí queda a foto para a posteridade. 

Comentarios