8 DE MARZO...

 

... Día da Muller Traballadora.

O Día da Muller Traballadora é unha data senlleira na nosa escola. Este curso a rapazada de 5 anos foi a encargada de crear o mural conmemorativo nesta data. Como podedes ver, o documento constitúe unha xusta homenaxe a oito mulleres galegas que non tiveron medo a loitar pola igualdade.

Parabéns, cativos! Continuamos na loita pola visibilidade. 

Comentarios