A HORTA FAI COMPETENTES DIXITALMENTE ÁS MULLERES DE SAN SADURNIÑO

Innovación e tecnoloxía pola igualdade de xénero. 

Para este Día da Muller Traballadora, a ONU fai unha proposta moi acaída co noso PDI deste curso. O lema elixido para este día é: Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía pola igualdade de xénero. 

E diredes: que ten que ver iso co noso proxecto?

Convidámosvos a coñecer a experiencia de Carme, unha traballadora social de San Sadurniño que enredou ás mulleres do seu concello para preservar a tradición oral e, sobre todo, para empoderalas no uso das novas tecnoloxías. 


Existe unha brecha dixital no acceso ás tecnoloxías que perxudica ás mulleres. Moito máis se estas son maiores. 

A iniciativa de Carme resulta marabillosa, e todo un exemplo a coñecer, recoñecer e seguir.

Convidámosvos a visualizar máis vídeos da canle que este grupo tan dinámico ten en Youtube: Teño unha horta en San Sadurniño. Seguro que resulta unha boa fonte de información para os proxectos que estamos a desenvolver. 

Comentarios