PREPARANDO OS ENCONTROS COS AUTORES
Unha aventura emocionante.
Un dos momentos máis emocionantes do curso é cando, alá polo mes de abril, un feixe de autores e autoras galegos se achegan á Biblioteca para compartir connosco a lectura dunha das súas obras. Porén, esta andaina non é improvisada, senón que comeza xa dende o inicio do curso.
Presentámosvos aquí as lecturas seleccionadas polos titores e titoras para cada nivel educativo.
Grazas por ser os nosos cómplices na lectura.
Comentarios