XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
Despois de ler Vaia tropa!
Antes de irnos ó merecido descanso de Nadal, aínda tivemos tempo de compartir impresións sobre Vaia tropa!, de Antón Cortizas. Un libro-xogo que converte a poesía en algo moi entretido.
Todos e todas compartimos e lemos o noso poema favorito do libro. Hai para todos os gustos!!
E xa nos preparamos para a nosa seguinte aventura literaria.
Adiviñades cal vai ser?
Comentarios