MERENDA NA COCIÑA DA TOMASA


Co alumnado de 1º B.

Esta mañá remataron, por este curso, os obradoiros na Cociña da Tomasa. Os encargados de preparar o menú foron os nenos e nenas do último grupo de alumnado de 1º B

Desta vez, e como nesta aula son uns super-investigadores usuarios dos materiais da biblioteca, decidimos facer unha merenda compartida. Así que preparamos sandwiches de xamón e peituga de pavo, biscoito de iogur e chocolate quente para todos. 

Aquí tedes un vídeo no que nos explican os ingredientes que empregamos. 


SÁNDWICHES DE QUEIXO E PEITUGA DE PAVO

    1. Collemos unha rebanda de pan de molde.
    2. Pomos enriba unha loncha de queixo e outra de pavo.
    3. Tapamos cunha nova rebanda de pan de molde. 
    4. Cun coitelo, cortamos o sándwich en catro partes. 
BISCOITO DE IOGUR

    1. Botamos o iogur nun bol. 
    2. Coa medida do vaso de iogur, engadimos o aceite de xirasol. 
    3. Facemos o mesmo co azucre. 
    4. Engadimos os ovos e a raiadura de limón. 
    5. Mesturamos co batedor. 
    6. Noutro bol botamos a fariña e mesturamos co lévedo. 
    7. Na mestura anterior imos engadindo a fariña pouco a pouco, mentres seguimos a bater. 
    8. Cando todo estea batido, botamos a masa nun molde e forneamos uns 40 minutos a 180º. 
CHOCOLATE Á TAZA

    1. Botamos nunha ola 2 litros de auga.
    2. Pómola a quecer no fornillo. 
    3. Partimos a tableta en onzas. 
    4. Cando a auga comece a estar quente botamos as onzas con coidado, para non nos queimar. 
    5. Removemos para que non se pegue. 
Premendo na seguinte imaxe poderedes ver moitos momentos divertidos desta xornada. Deunos tempo de visitar o horto mentres o biscoito estaba no forno, e de preparar a mesa para os nosos compañeiros e compañeiras.


Que ben o pasamos, e canto aprendemos. 

Que fin de festa tan fantástico para este curso!






Comentarios