UN CIRCO CON HISTORIA


Esta é a historia do noso proxecto. 

A rapazada de 5 anos, no marco do PDI Emocióna-T, centrouse no tema do circo. Un traballo que se desenvolveu ó longo de todo o curso e que se foi fiando deste xeito. 

1. Motivación

Comezamos un proxecto emocionante coa axuda de dúas pallasas que pediron a nosa axuda para preparar o Circo dos sorrisos.

https://asementeiradenavia.blogspot.com/2024/01/comezamos-un-novo-proxecto-con-moita.htm

2. Investigación e traballo de aula

Coñecemos ós diferentes artistas do noso circo. Cada un transmite unha emoción diferente: 

      • os bailaríns representan a calma; 
      • os equilibristas, polas súas actuacións tan arriscadas, o medo;
      • os magos, cos seus trucos, transmiten sorpresa e ilusión;
      • os mismos, tristura;
      • os presentadores, entusiasmo e alegría.
Cada neno e nena elixiu o seu personaxe. As familias elaboraron os disfraces para celebrar o Entroido



Coñecemos o achegamento dos grandes pintores ó mundo do circo, analizando a obra de Pablo Picasso Paulo vestido de arlequín


A contribución das familias resulta fundamental nun proxecto: aportaron materiais e propuxeron diversos obradoiros que se desenvolveron nas propias aulas: 
      • Obradoiro de maxia e elaboración de varitas máxicas
      • Obradoiro de equilibristas
      • Obradoiro de gravatas de pallasos
      • Espectáculo de mimo
      • Obradoiro de elaboración de micrófonos con material de refugallo
      • Obradoiro de música, baile e maquillaxe na Aula sensorial
      • Obradoiro de pelotas de malabarismo
      • Obradoiro de sombreiros de mago


Dous nenos doutro centro viñeron á escola en calidade de expertos, para mostrar as súas habilidades nunha exhibición de malabarismo con diábolo, platillos e pelotas. 

https://asementeiradenavia.blogspot.com/2024/03/obradoiro-de-malabarismo.html

As aulas convertéronse en pequenas pistas de circo que inspiraron as nosas actividades de lectoescritura. Os libros acompañáronnos nesta andaina. 

https://asementeiradenavia.blogspot.com/2024/06/o-circo-na-nosa-aula.html


E todo o que aprendemos recompilámolo nuns magníficos lapbooks. 


3. Produto final

E despois de tanto ensaio e esforzo, como non podía ser doutro modo... estreamos o noso espectáculo e convidamos as familias... pasen a ver o circo!



Parabéns por este traballo tan magnífico! Estamos moi orgullosos de vós!


Comentarios