PROXECTO DOCUMENTAL DE CENTRO
Como cada ano a nivel de centro realizamos un PDI no que participa todo o alumnado de infantil e primaria e que traballaremos ao longo do curso.
Este ano, un equipo de científicas tolas solicitou a axuda da nosa Maga Tomasa para atopar respostas a moitos dos segredos que agocha o universo. Os nenos e nenas do Ceip Castelao tratarán de investigar para axudalas e poder crear un laboratorio máxico.
Deixáronnos esta carta e unha serie de retos para descubrir o tema do PDI.
Poñémonos mans a obra para superar todos eles!
Comentarios