25 N- DÍA DA NON VIOLENCIA

Na Biblioteca Maga Tomasa, a data do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cobra un significado especial. Este ano, o noso alumnado bibliotecario participou na creación da exposición de libros e materiais relacionado co tema. 

Durante as últimas semanas, elixiron libros, contos e obras literarias que abordan cuestións de igualdade, xénero e non-violencia. Prepararon a cartelería e as encheron de mensaxes e palabras contra a violencia.

Baseamos a preparación do traballo deste día facendo fincapé na idea de ser amables, respetuosos e axudar aos demáis para así todos, xuntos facer do mundo un lugar máis bonito e feliz.

Os nenos e nenas do colexio decoraron camisetas cun logo elaborado expresamente para este acontecemento.

Conseguimos ter un día cheo de sorisas e diversión.

                         

Premendo na imaxe accederedes á galería

Comentarios