DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Na aula de 1º A do noso centro, o Día dos Dereitos da Infancia converteuse nunha oportunidade para dar voz aos máis pequenos e pequenas, participando dunha forma moi especial: gravando na  Radio Castelao. 

Ao longo desta semana, os nenos e nenas traballaron con moita ilusión para aprender sobre os dereitos da infancia, como o dereito á educación, á protección, á saúde e ao xogo.

Foi unha experiencia emocionante para todos: os participantes aprenderon a expresarse, traballaron en equipo e experimentaron o poder da comunicación para sensibilizar á comunidade escolar.

Este programa de radio, gravado na nosa biblioteca escolar, tamén reforza a importancia deste espazo como centro de aprendizaxe e convivencia. Parabéns ao alumnado de 1º de Primaria polo seu traballo e compromiso!


                                                      

Comentarios