BENVIDOS A RADIO CASTELAO
Queremos invitar á comunidade educativa a participar na nosa radio. Podedes gravar noticias, entrevistas, contos, recitados ou calquera actividade que queirades.
Para iso, podedes contar co equipo de biblioteca e botar unha ollada ás instrucións elaboradas polacoordinadora de radio, onde atoparedes toda a información necesaria para participar.
E, para ir abrindo boca, deixámosvos cunha breve presentación da nosa radio elaborada por un grupo de alumnos de 5º.
Comentarios