DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas.  

Este ano, os axudantes de biblioteca presentaron o contido das mochilas viaxeiras ao resto dos compañeiros e compañeiras. Cada grupo amosou o contido das mochilas, explicou como funcionaría o seu préstamos e a importancia de coidar os libros e xogos que levan. 

As mochilas viaxeiras son unha ferramenta fantástica para levar a lectura máis alá das aulas, implicando tamén ás familias e fomentando o gusto polos libros na casa.

Grazas a todo o alumnado e profesorado pola súa participación! Seguimos facendo da nosa biblioteca un lugar cheo de historias, curiosidade e imaxinación.



Comentarios