CONTACONTOS DÍA DA MULLER. 8 DE MARZO
Con motivo do Día Internacional da Muller (8M), o alumnado do Castelao realizou varias actividades:
- Exposición de contos coa temática do día 8 de Marzo. Os axudantes de biblioteca preparon unha selección de contos relacionados co día da muller, que colocaron na zona de exposicións temáticas
- Contacontos: Prepararon un contacontos con lecturas seleccionadas para estas datas que os axudantes de biblioteca deixaron recollidas nunha pequena exposición temática.- Mural colectivo: a proposta do equipo de polos creativos foi participar na elaboración dun mural conxunto, que enchemos con fotografías de mulleres que o alumnado admira, tanto famosas como da súa contorna.
- Entrevista especial: O alumnado de 5º B entrevistou a Carolina Bruzón, quen realizou unha ruta en bicicleta desde Cancún ata Ushuaia, foi bombeira en Mos e posteriormente formadora de bombeiros. Esta iniciativa permitiu reflexionar sobre o papel das mulleres en profesións tradicionalmente masculinizadas e coñecer de primeira man a experiencia dunha profesional que traballou salvando vidas e viaxou polo mundo coa única compañía da súa bicicleta.
Estas actividades buscaron poñer en valor o papel das mulleres na sociedade, inspirar ao alumnado e fomentar a reflexión sobre igualdade de xénero.


Comentarios