A VOZ EN DIRECTO: INVESTIGAR E COMUNICAR DESDE A BIBLIOTECA
O alumnado de 3º de Primaria participou no proxecto “A Voz en Directo”, unha actividade ALFIN dentro de proxecto competencial na que aprenderon a buscar información na biblioteca, utilizar a CDU, seleccionar fontes e transformar os datos nun programa de radio escolar.
Ao longo do proxecto traballaron a lectura comprensiva, a escritura de textos expositivos, a expresión oral, a competencia dixital e o traballo en equipo, integrando aprendizaxes de distintas áreas a través dunha metodoloxía activa e colaborativa.
A experiencia rematou coa gravación dun podcast usando os recursos de Radio Castelao, favorecendo a comunicación oral en contextos reais e a difusión dos traballos realizados polo alumnado.
Comentarios