OS IRMÁNS GRIMM

O alumnado de 5ºB investigou sobre os irmáns Grimm no marco do PDI: Maxia e Fantasía. 

Jacob Grimm e Wilhelm Grimm foron dous escritores de Alemaña que recompilaron numerosos contos populares que aínda hoxe seguen a lerse en todo o mundo.

Un dos seus relatos máis coñecidos é Brancaneves, a historia dunha princesa que, perseguida pola envexa da súa madrasta, atopa refuxio xunto a sete ananiños no bosque.  

Un clásico da literatura infantil que continúa a fascinar xeración tras xeración pero que quixemos analizar en profundidade. 


Comentarios