ENTREVISTAMOS A ALEJO AMOEDO...
... para coñecer máis cousas sobre o Vindel.
No día de hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria tivo un invitado de luxo: Alejo Amoedo.
Alejo case non precisa presentación, xa que é coñecido amplamente no mundo da cultura en toda Galicia (incluso me atrevería a dicir que en gran parte do territorio nacional). Pero para os que non o saibades, é pianista acompañante e profesor no Conservatorio Superior de Música de Vigo. E ademais de excelente músico, é unha belísima persoa.
Dende hai uns anos pertence á Fundación Fervenza, entidade que intenta pór en valor a cultura galega e viguesa. Así que, como membro desta entidade, Alejo coñece ben as circunstancias en que o Pergamiño Vindel chegou a Vigo.
De todo iso, do seu traballo e do Pergamiño, falounos esta mañán. Sen embargo, non vos imos contar nada. Diso vanse encargar os propios rapaces de 4º, que prepararon a entrevista con esmero: alí estaban, coa súa lista de preguntas e o lápiz listo para apuntar todas as respostas. Pero prometemos darvos boa conta cando o fagan.
Podedes ver máis imáxenes do día premendo nesta imaxe.
Hoxe non nos resta máis que darche un enorme grazas, Alejo, por nos acompañar con tanto agarimo.
Comentarios