SEMANA DA PRENSA
Analizando novas protagonizadas polo Vindel.
Cun pouco de retraso estamos a celebrar a Semana da Prensa. Nesta ocasión, a través dunha recopilación de novas recollidas durante meses na prensa local en torno á visita do Pergamiño Vindel. Porque a visita ten orixinado unha ampla hemeroteca que abrangue practicamente todas as seccións dun xornal.
A sesión inicial desenvolvémola na biblioteca. Alí, os alumnos, divididos en grupos, deberon seleccionar as novas correspondentes a unha determinada sección:
- 1º de Primaria: Portada
- 2º de Primaria: Sociedade
- 3º de Primaria: Local
- 4º de Primaria: Entrevista
- 5º de Primaria: Editorial
- 6º de Primaria: Artigo de opinión
Agora, cada aula terá que deseñar a súa sección e redactar, alomenos, unha nova. Con todas elas elaboraremos un fantástico xornal de todo o colexio. Estamos desexando follealo!
Mentres tanto, se premedes na imaxe veredes as fotos desta actividade.
Comentarios