SABEDES COMO ERA A ALIMENTACIÓN NA IDADE MEDIA?
Na aula de 5 anos aprendemos sobre isto con Noa, Leia e a súa nai.
Na aula de 5 anos os rapaces seguen a investigar sobre distintos aspectos relacionados coa vida na Idade Media. Hai unhas semanas, as mellizas Noa e Leia e a súa nai achegáronse para nos explicar o resultado da súa investigación. Un traballo ben interesante, co que aprendemos moito.
Chamou moito a atención o feito de que na Idade Media a xente bebía hidromel, unha bebida alcohólica feita con auga e mel, anterior á cervexa.
Grazas, familia, por nos aprender tantas cousas!
Comentarios