EDUCANDO NO MONTE


Resolución do Concurso de logos. 

Como lembraredes, no mes de maio convocamos un concurso para elixir o logo que representaría á nosa actividade colectiva Educando no monte.

Dado o avanzado do curso, a participación resultou escasa, aínda que de gran calidade.







As propostas da nosa escola foron moi valoradas polo xurado, composto polo profesorado responsable dos centros participantes na actividade. 

Finalmente, o logo elixido foi o que encabeza este post, creado por un alumno do C.E.I.P. Igrexa - Candeán

Grazas a todos pola vosa participación!



Comentarios